Ponte a Conducir 2015

LUNS 14 DE SETEMBRO DO 2015, POR NONTEDURMAS

Invitámosvos a unha nova edición de Ponte a Conducir, un obradoiro de seguridade vial que a FANPA organiza en colaboración coa DXT, a Garda Civil, a Policía Local, a Diputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra. Este ano tamén contamos coa colaboración da Cruz Vermella.

O obradoiro celebrarase o sábado 26 de setembro, de 10:00 a 14:00 horas, no parque infantil de tráfico do Concello de Pontevedra, situado en Mollabao. Como o ano pasado, os nenos distribuiranse en grupos segundo a súa idade, e iran rotando polas diferentes actividades que se desenvolverán ao longo da mañá:

- Exposición de material da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico
- Concurso de debuxo sobre un tema de seguridade vial. Escolleranse 8 gañadores por categorías, que recibiran un agasallo na sede da Subdelegación do Goberno. Taller de primeiros auxilios para rapaces, impartido polos voluntarios da Cruz Vermella
- Circuito de seguridad vial, onde os nenos rotarán por turnos entre peón, ciclista ou condutor. Os cativos de menor idade disporán de karts a pedales, mentres que os rapaces mais mozos poderán conducir os karts eléctricos. Os rapaces poden traer as súas bicicletas para empregar no circuito
- As prazas das que dispoñemos son limitadas, polo que se atenderá ao orde de inscrición para a participación na xornada.

A inscrición pode facerse tantro presencialmente, na sede da FANPA, como a través dun correo electrónico á dirección actividades@nontedurmas.org, proporcionando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos do rapaz
  • Idade
  • Curso escolar
  • Colexio
  • ANPA (se é socio)
  • Nome do pai ou tutor responsable
  • Teléfono de contacto.

As inscricións ábrense o luns día 14 de setembro, e pecharanse o día mércores 23 de setembro.

Cartel - PortadaCartel - Grupos

Anuncios

CALENDARIO ESCOLAR 2015/2016

AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2015/2016

AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2015/2016

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16.
A finalidade das axudas é adquirir material escolar.
Os anexos que se xuntan poden descargarse no ordenador, cubrirse e imprimirse (requírese Adobe Acrobat 7.0 ou superior)

1. Axudas material escolar: requisitos
a) Ser pai, nai, titor ou titora do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

2. Axudas material escolar: Lugar e prazo de presentación solicitudes
Lugar de presentación
As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado/a o/a alumno/a, ou en calquera dos lugares e rexis­tros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es
Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que, se a persoa solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles.
As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.
Prazo de presentación
O prazo de presentación de instancias é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Inicio do prazo: 02.09.2015
Fin do prazo: 01.10.2015

3. Axudas material escolar: solicitudes e documentación
1. As solicitudes poderán obterse na guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Or­denación Universitaria e tamén se poderán descargar en formato PDF do portal educativo no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es
Unha vez cuberta a solicitude e asinada polo pai, nai, titor/a do alumna­do deberá presentarse, xunto coa documentación, segundo indica o artigo 4 da orde. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar que obteñan ingresos, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.
A aplicación informática para a xestión das axudas tamén permitirá xerar a solici­tude unha vez introducidos os datos polo centro (acceder á aplicación).
Se a solicitude se presenta no centro docente onde está matriculado/a o/a alumno/a, achegarase orixinal e copia da documentación que se acompaña, co fin de que a persoa que a reciba poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais. En caso de que a presentación non se faga no centro, deberá presentarse orixinal ou copia debidamente compulsada.

A documentación que hai que achegar en cada caso xunto á solicitude será a seguinte:

a) Identidade. Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.
b) Composición da unidade familiar. Copia do libro de familia onde figuren todos os membros.
Se non ten libro de familia ou se este non reflicte a situación familiar a 31.12.2013, poderá acreditar esta situación, entre outros, por algún dos seguintes medios:
-Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador.
– Certificado ou volante de convivencia.

– Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello de residencia que acredite a situación familiar.

c)Renda. Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2013 ou, en defecto desta, do certificado tributario de imputacións dos membros da familia, cando non autorice o acceso telemático.
d)Discapacidadeigual ou superior ao 33 % dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, deberán presentar un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31.12.2013:
– Certificado xustificativo do grao de discapacidade.

– Documento que acredite a percepción de pensión da Seguridade Social de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de pensión de invalidez de clase pasivas.
e) Documentación acreditativa da situación de violencia de xénero.
A documentación que se achegue deberá ser válida no momento de presentar a solicitude.
O centro educativo poderá requirir ás persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.
Os centros, a través da aplicación informática, poderán xerar os vales para cada solicitude admitida e con renda per cápita da unidade familiar igual ou inferior a 5.400 €
Excepción: O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia non terá que acreditar datos da unidade familiar nin do nivel de renda.

4. Axudas material escolar: contía e data máxima para usar o vale
Contía da axuda
O importe da axuda para a adquisición de material escolar será de 50 euros para cada alumno/a beneficiario/a.
Data máxima para o uso do vale
A data máxima para usar os vales para a adquisición do material escolar será o 31.10.2015 (este incluído).

5. Axudas material escolar: información para as librarías
Alta de librarías
Os establecementos que figuren rexistrados para colaborar na xestión das axudas para a adquisición de libros de texto, non terán que validar este trámite.
Os demais establecementosque non estean incluídos na relación que se publica como anexo (inxerir PDF) a estas instrucións, se queren participar no programa de axudas para a adquisición de material escolar deberán darse de alta na aplicación informática enviando o anexo IV da orde de convocatoria (alta de novas librarías), con todos os apartados cubertos.
Contido e proceso de envío do talón de cargo
En cada talón de cargo deberán figurar os seguintes datos:

· NIF ou NIE do establecemento.
· Nome do titular do establecemento (empresa/apelidos e nome).
· Os datos do establecemento (denominación comercial, enderezo completo, concello e provincia).
· A data do talón de cargo.
· O número de talón de cargo.
· A relación de todos os códigos de vale que se xunten ao talón de cargo.
· O importe total dos vales relacionados no talón de cargo.

Os vales para a adquisición de material escolar deben ir grampados ao talón de cargo na mesma orde en que se relaciona­ron.
Os vales deben ser orixinais e ter as sinaturas da persoa titular da dirección do centro, do responsable da libraría e da persoa solicitante. Non se aceptan vales fotocopiados nin os que carezan dalgunha das sinaturas indicadas.
O importe do talón de cargo debe coincidir coa suma dos importes dos vales que leve grampados (debe terse en conta que, nalgún caso, o importe gastado pode ser inferior ao importe máximo total dos vales).

· Se o importe do material escolar é superior ao do vale, a diferenza debe ser aboada polo pai, nai, titor ou titora do alumnado. A consellería non asume máis que o importe do vale (50 euros por alumno/a beneficiario/a).
· Se o importe do material escolar é inferior ao do vale, o establecemento fará constar, no espazo establecido para o efecto no vale, o importe efectivamente gastado e, en consecuencia, incluirá este último importe no talón de cargo.
Para os efectos da tramitación, cada talón de cargo cos seus correspondentes vales de adquisición de material escolar configura unha unidade, de tal xeito, que esta non se tramitará cando exista algún problema con calquera dos vales que se xuntan, ata que se proceda á súa emenda.
Importante: En ningún caso se mesturarán no mesmo talón de cargo importes de vales para a adquisición de libros de texto con importes de vales para a adquisición de material escolar.
Destinatario do talón de cargo e enderezo
Os establecementos dirixirán os talóns de cargo á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da súa provincia.
Os enderezos das xefaturas territoriais de cada provincia son:
• Xefatura Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.
Praza Luís Seoane, s/n
15008 ACoruña
• Xefatura Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Lugo.
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo
• Xefatura Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense.
Rúa do Concello, 11
32003 Ourense
• Xefatura Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra.
Rúa Fernández Ladreda, 43-7º e 8º
36003 Pontevedra
Prazo de presentación dos talóns de cargo
Os talóns de cargo correspondentes aos vales poderán presentarse na xefatura territorial correspondente como máximo ata o 16 de novembro de 2015 (este incluído). Despois desta data (16.11.2015), non se admitirá a presentación de talóns de cargo.
En todo caso, as xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación poderán validar os talóns de cargo correspondentes aos vales ata o 11 de decembro de 2015.

6. Axudas material escolar: máis información
Para máis información contacte co seu centro educativo.
Se no centro non poden resolverlle ás súas dúbidas, tamén pode poñerse en contacto cos seguintes teléfonos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos:

· 981 54 65 21
· 981 99 73 85
· 981 54 73 01

Flashmob CEIP Príncipe Felipe (Praza da Ferrería, Pontevedra)

El jueves día 11 de Junio, tuvo lugar el Flashmod en la Plaza de la Herrería y la verdad que se lo pasaron todos muy bien, agradecer a los profesores y resto del personal del colegio su labor y entrega con los niños y también agradecer a los profesionales que realizaron un vídeo tan bonito del flashmob.

Muchas gracias, ya llevamos 403 visualizaciones, y seguro que serán muchas más.

Asamblea General ANPA Amigos do Ceip Prinipe Felipe

CONVOCATORIA de ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA CURSO 2014-2015
ANPA AMIGOS DO CEIP PRINCIPE FELIPE

Estimadas familias

Se convoca Asamblea General Ordinaria para el próximo martes 7 de abril de 2015, a las 17.00 en primera convocatoria y a las 17.15 en segunda, en el Salón de Actos de nuestro CEIP con el siguiente
ORDEN DEL DÍA
1.- Lectura y aprobación del Acta anterior.

2.- Cambios en la composición de la Junta, situación actual.
Modificación de los estatutos para la renovación de la documentación de la asociación.

3.- Funcionamiento del Plan Madruga para el curso 2015-2016. Horarios, tarifas, etc.

4.- Funcionamiento actividades extraescolares.