ANPA AMIGOS DO CEIP PRÍNCIPE FELIPE
Estimadas familias.
O noso interés ó formar a ANPA é sobre todo a educación dos nosos fillos en colaboración permanente cos profesores e co equipo directivo do Centro.
A participación é voluntaria, e por elo, animarvos a tódalas familias a asociarse, xa que cantos máis sexamos mellor será para os nosos fillos, para a Asociación e para o colexio.
No momento de aceptar o reto de participar na ANPA soubemos que este era un proxecto ilusionante para todos nós e aínda que somos conscientes de que estos primeiros anos serán complicados tentaremos compensar tódalas limitacións coa nosa ilusión e a implicación de todos vos.
A Xunta Directiva quere que tódalas persoas aporten a súa opinión e ideas para así poder mellorar a educación dos nosos fillos que é o que realmente nos interesa. Para elo podedes contactar con nós a través do correo electrónico anpaprincipefelipe@gmail.com , a través do blog https://anpaprincipefelipe.wordpress.com ou na Aula da ANPA do colexio tódolos martes lectivos de 17:30 a 18:30. Ademáis temos un buzón ó lado da conserxería.
Todos os interesados en formar parte da ANPA xa pode facelo cumplimentando a folla de inscripción que acompaña a esta circular.
As cuotas para formar parte da ANPA serán as seguintes:
Para familias con 1 fillo a cuota será de 15€ por unidade familiar.
Para familias con 2, 3, ou máis fillos será de 20€ por unidade familiar (é dicir, se unha familia ten 2 fillos, por exemplo, só aboará 20€).